Son os Premios promovidos pola Asociación Músicas ao Vivo que nacen co obxectivo de dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade artística das producións musicais e de todo o sector musical galego.
A convocatoria vai dirixida a todos os proxectos musicais galegos vixentes e en activo no ano 2020. A inscrición para acadar a nominación aos premios será libre e gratuíta.
O proceso de inscrición de proxectos estará aberto dende o 1 de marzo ata o 15 de marzo de 2020 ambos incluídos.
Os Premios Martín Códax da Música son posibles grazas á Asociación Músicas ao Vivo. Aínda non a coñeces? Descúbrea e asóciate!
+ INFORMACIÓNAquí podes ver o album de fotos da VII gala dos Premios Martín Códax da Música
Clica aquí para ver as fotosBótalle un ollo (e unha orella) aos proxectos candidatos de este ano. Podes filtrar a túa pesquisa por categorías ou directamente escribir no buscador.
+ Listaxe de proxectos inscritosSe fas música ao vivo en Galicia esta é a túa asociación. Os socios e socias deciden na derradeira fase de votación aos premiados en cada categoría.
Faite soci@A Xunta Directiva de Músicas ao Vivo decidiu outorgar o Premio Honorífico 2020 a María Manuela.
A Asociación Músicas ao Vivo, organizadora dos Premios Martín Códax da Música, vén de anunciar que xa teñen nova data para a celebración da gala na que se coñecerán os proxectos premiados da súa xa sétima edición. Será o 21 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra sempre que as condicións sociosanitarias polo COVID-19 o permitan.