IX EDICIÓN

Premios Martín Códax da Música

QUEN SON?

Son os Premios promovidos pola Asociación Músicas ao Vivo que nacen co obxectivo de dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade artística das producións musicais e de todo o sector musical galego.

QUEN PODE INSCRIBIRSE?

A convocatoria vai dirixida a todos os proxectos musicais galegos vixentes e en activo no ano 2022. A inscrición para acadar a nominación aos premios será libre e gratuíta.

ATA CANDO?

O proceso de inscrición de proxectos estará aberto dende o 11 de xullo ata o 31 de xullo de 2022 ambos incluídos.

Os Premios Martín Códax da Música son posibles grazas á Asociación Músicas ao Vivo. Aínda non a coñeces? Descúbrea e asóciate!

+ INFORMACIÓN

EN IMAXES

Fotos da gala 2021

Aquí podes ver o album de fotos da VIII gala dos Premios Martín Códax da Música

Clica aquí para ver as fotos

ESCOITA AOS CANDIDATOS

Radio Online

Filtra por categorías

VI ENTREGA DE PREMIOS

Gala 2019

FORMAS PARTE DE MÚSICAS AO VIVO?

O teu voto conta!

Se fas música ao vivo en Galicia esta é a túa asociación. Os socios e socias deciden na derradeira fase de votación aos premiados en cada categoría.

Faite soci@

ENTÉRATE DE TODO

Últimas novas

Fuxan os Ventos, galardón honorífico nos Premios Martín Códax da Música 2022

Non podía ser doutro xeito. Fuxan os Ventos celebra o seu 50 aniversario na música neste ano 2022 e os Premios Martín Códax da Música entregaránlle ao grupo o galardón honorífico da súa novena edición. Considerados pioneiros e baluartes da música en galego, Fuxan os Ventos constitúe un proxecto histórico, refrendado non só pola crítica e o propio sector musical, senón ademais polo gran público. A súa música chegou a milleiros de persoas e puxo a canción en galego en boca de varias xeracións.

+ Ler máis

Proxectos finalistas da IX edición

A Festa de Finalistas contou coa intervención do presidente das adegas, Xoán Antonio Allegue López, e da presidenta de Músicas ao Vivo, Xiana Lastra. Asistiron ao acto a responsable de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias, e a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces.

+ Ler máis

Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información