ARQUIVO

Edicións anteriores

Estes son os proxectos premiados nas anteriores edicións dos Premios Martín Códax da Música. Bótalles un ollo!

VER TODOS


CATEGORÍAS MUSICAIS

  • ROCK
  • MÚSICA FOLK
  • METAL
  • MÚSICAS URBANAS
  • MÚSICAS DO MUNDO
  • ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA
  • MÚSICA TRADICIONAL
  • BLUES / FUNK / SOUL
  • MÚSICA INFANTIL
  • ELECTRÓNICA
  • COROS E GRUPOS VOCAIS
  • JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS
  • REGGAE / SKA / MESTIZAXE
  • BANDAS DE MÚSICA POPULAR
  • MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA
  • POP / INDIE
  • CANCIÓN DE AUTOR/A

ORGANISTRUM

  • ESPAZOS DE COMUNICACIÓN MUSICAL
  • FESTIVAIS
  • SALAS

ALLOVA

Proxecto premiado na categoría de ELECTRÓNICA


ALLOVA es un proyecto autogestionado de música Triphop/ Inide-electrónica, creado en A Coruña y liderado por Alla Mikhaylova (cantante, pianista y compositora de origen ruso).

La música de ALLOVA crea ambientes sonoros con la hipnótica voz, las bases electrónicas potentes, el piano y otros instrumentos acústicos. Canciones ricas en matices, con ritmo y fuerza, que mantienen al espectador en estado de disfrute de la música.

Después de su paso por el Festival CortaPega en Santiago de Compostela, Sofar de A Coruña, Mercado de Diseño en el Matadero de Madrid, y otras actuaciones en los escenarios de Galicia, ALLOVA formó parte de los carteles de algunos festivales de verano: Festival Ribeira Sacra, Osa do Mar y Festival de la Luz. También actuó en el Espacio Mahou Coruña, eventos de Vibra Mahou, Fanzine Fest, entre otros.


Actualmente, ALLOVA se encuentra en fase de promoción de su álbum debut autoeditado: "Hope & Despair" con el que revive el Trip-Hop de los 90s , combinando potentes bases electrónicas, instrumentos acústicos y voz. Un proyecto vanguardista que combina nuevos sonidos con la calidad de arreglos instrumentales y vocales, y cuenta historias personales de la artista.

Banda de Música de Chantada

Proxecto premiado na categoría de BANDAS DE MÚSICA POPULAR


A Banda de Música de Chantada é unha das agrupacións máis antigas da provincia de Lugo. Foi creada no ano 1865 polos irmáns Manuel e Antonio Fernández, ”Os Ferraias”, que se fixeron cargo dun pequeno grupo de músicos aos que ensinaban na súa propia casa, e animaban as festas dos lugares próximos. Estes irmáns foron os que compuxeron a famosa Muiñeira de Chantada.

Posteriormente Teodoro, un fillo de Manuel, asumiu a dirección da Banda. A este seguiulle Emilio Zaquín, que deixou a dirección no ano 1932. A partires desta data a banda pasará por sucesivos cambios de director durante un longo período de tempo, con nomes como D. Emilio Carricoba, D. Pompeiro, D. Marcial Sanjurjo, D. Sapete, D. Beristain, D. Belarmino de San Fiz, D. José Diéguez, etc.

Durante esta época a banda sufriu toda unha serie de altibaixos ata chegar a finais da década dos 70, cando D. Faustino Fernández ”Vilaseco” se interesa por ela e encarga a D. Jesús Vázquez Lorenzo a labor de reconstruíla. Esta reconstrución empezou coa aposta por unha canteira de músicos que fixo que nos anos seguintes a banda se caracterizara pola curta idade do seus compoñentes.

A D. Jesús Vázquez Lorenzo sucedérono no cargo D. Cándido Alvarado, D. Manuel Gato Soengas, D. David Martínez Iglesias e D. José Baldomir. Ao longo desta etapa a banda realiza numerosas actuacións por toda a xeografía galega, León, Zamora, Asturias e Barcelona, participando tamén en varios programas de Radio e na Televisión de Galicia. En 1991 un músico da banda, D. Fernando Fafián Lemos, faise cargo da dirección e tamén de dirixir a escola de música, sendo relevado por D. Samuel Pérez Llovel, de orixe valenciano e procedente da Banda Municipal de Santiago de Compostela.

Durante este período, a banda celebrou o seu 125 aniversario en Outubro de 1996, ao que asisten antigos compoñentes, incluso emigrantes que foron traídos gracias á mediación da Televisión de Galicia. Ese mesmo ano a Asociación de Prensa Escrita de Lugo concédelle o “Premio Lucenses do Ano”, con motivo da antigüidade da institución. Ao ano seguinte a banda grava un CD en Madrid e nese mesmo verán realiza unha viaxe a Tenerife, na que realiza unha irmandade coa Banda de Música Esperanza de la Guancha, un municipio ao norte da illa.

D. Samuel Pérez Llovel é relevado na dirección por D. Jesús Nogueira Franco, veciño de Vilanova de Arousa. Nestes anos a banda participa nos festivais de máis prestixio de Galicia así como en actividades culturais do Concello de Chantada, organizando eventos como o Campus Musical de Verán, o Festival de Bandas, concertos temáticos e didácticos, etc.

Desde comezos de 2005 e ata finais de 2008 faise cargo da dirección o mestre D. José Vicente Navarro Serrano, natural de Lliria (Valencia) e profesor de tuba no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Nesta nova etapa hai que destacar os intercambios músico-culturais realizados con bandas de fóra da comunidade galega como son a Banda de Música Municipal de Zamora, a Asociación Músico Cultural “Julián Sánchez Maroto” de Manzanares (Cidade Real), e a Banda de Música Municipal de Astorga (León), xa no ano 2007. Neses anos a Banda de Música de Chantada atópase en pleno proceso de auxe en canto a número de compoñentes, número de alumnos na Escola de Música Municipal, e polo tanto as súas miras artísticas medran ano a ano. Supón un punto de inflexión o día 23 de Novembro de 2007 cando, no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, a Banda consegue o 2º Premio no “I Certame Galego de Bandas de Música” na Sección 3ª.

En xaneiro de 2009 toma a batuta D. José Manuel Mosquera, apostando así por un músico da canteira. Con el, a Banda de Música de Chantada celebrou no ano 2015 o seu 150 aniversario con diferentes actos e concertos conmemorativos.

Organiza cada ano un ciclo de concertos chamado “Outono Musical Lourdes Vázquez Ledo”, que achega a música de cámara ao público da vila, así como o Festival de Bandas de Música de Chantada, que neste 2021 celebrou a súa XXX edición, sendo un dos máis antigos da nosa comunidade que se mantivo de xeito ininterrompido.

A BANDA DA LOBA

Proxecto premiado na categoría de POP / INDIE


Andrea, Estela, Inés, Marcela e Xiana forman A banda da Loba. O grupo, nacido no 2017, converteuse en poucos anos nun referente da música galega, asaltando multitude de escenarios e vilas de todo o país. "Bailando as rúas", "Fábrica de luz" e "Hasme oír" son os tres traballos discográficos que teñen publicados, o último nacido en abril deste mesmo ano e dedicado a Xela Arias, autora homenaxeada nas Letras Galegas.


A banda da Loba destaca polas súas letras, moitas veces vencelladas á poesía que se fai no país e que pretenden sacar do sillón dos lectores e das lectoras, e polo seu estilo musical heteroxéneo, co que conseguiron crear unha sonoridade propia, identificadora e particular que pode encadrarse no pop, pero que bebe de moi diferentes augas.


E se a música é heteroxénea, a mensaxe non o ía ser menos. Fondamente comprometidas coa cultura e a identidade galegas, as súas cancións falan de diversidade, de memoria histórica, de lingua, de feminismo, de liberdade, de ecoloxismo... en definitiva, de todo o que nos conforma como pobo.



FUME

Proxecto premiado na categoría de JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS


Fume es la vuelta a los orígenes de María Toro y el cierre de una trilogía que comenzó en Nueva York con su primer álbum, A contraluz, y continuó en Río de Janeiro con el segundo, Araras. Y como en los otros, se hace acompañar de una formación de lujo y un invitado muy especial, en este caso Chano Domínguez, con quien interpreta dos cortes del álbum.


Fume ("Humo" en gallego), en honor a la cocina de leña de la casa de aldea en la que María pasó su infancia en Galicia, es un homenaje al lugar donde todo empezó. Allí donde, en sus años de formación musical clásica, aprendía frente al fuego los secretos y la magia del folclore gallego, que incorpora a su proyecto. El álbum recoge, a través de diez composiciones, sus vivencias musicales por todo el mundo con el trasfondo de su tierra natal. Como en sus dos discos anteriores, la flautista crea sus melodías desde el flamenco y las coloca sobre el colchón del jazz. Pero si el primer disco tenía un toque neoyorquino y el segundo una batida brasileña, en esta ocasión Toro aporta una pincelada autóctona, al presentarse con un instrumento muy importante para ella, puesto que fue el primero que tocó: la pandereta gallega. La artista también canta en varios temas, incluyendo el arreglo de una canción tradicional.

Caamaño & Ameixeiras

Proxecto premiado na categoría de FOLQUE


Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional. De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal coidadosamente escollido, Caamaño&Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear despois a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos personais e íntimos que manteñen a esencia do popular pero incorporan recursos contemporáneos. 

 

Aire! é o seu primeiro traballo discográfico, producido polo reconocido músico burgalés Diego Galaz, onde contan con colaboracións tan destacadas como Sílvia Pérez Cruz, Fetén Fetén, Abraham Cupeiro, Xavi Lozano, Carola Ortiz, Pablo Martín, Apel·les Carod ou El Pana.


Aire! representa un berro exaltado, entusiasmado, de explosión e catarse colectiva. Unha invitación a bailar e a cantar. Unha celebración do sensorial. A través dos once temas que o compoñen, amalgama de composicións propias e coidados arranxos, ofrece unha aproximación a distintas músicas e bailes populares, tendo sempre a Galicia como punto de orixe e retorno, como latexo constante, e poñendo en evidencia a irmandade entre tradicións. Así, este Aire! percorre lugares distantes xeográficamente, desde os confíns de Europa ata o outro lado do Atlántico, pero cerca en esencia. Neste primeiro traballo discográfico, Caamaño&Ameixeiras percorre tamén a xeografía das emocións, desde o máis íntimo, pequeno e delicado ata o poderoso e salvaxe, valéndose para iso de dinámicas e contrastes, e poñendo en primeiro plano a verdade do expresivo e do sensible.


Sabela Caamaño (Oza dos Ríos, 1990) comeza os seus estudos de acordeón aos sete anos. Desde o principio da súa carreira musical está moi ligada ao mundo da música tradicional e popular galega, que compaxina cunha amplia formación no eido académico. É titulada superior en Acordeón, Pedagoxía da Linguaxe Musical e Piano, e actualmente traballa como profesora no Conservatorio Profesional de Música da Coruña, ademais de formar parte como intérprete en diversos proxectos musicais e artísticos. 

 

Como pianista, destaca a súa gravación, en 2018, da banda sonora do filme Elisa e Marcela, de Isabel Coixet. Como acordeonista, ten participado e recibido premios en diversos concursos a nivel nacional e internacional (2º premio no IV International Folk Instrument Festival Competition en San Petersburgo, Rusia; 1º premio na categoría Junior Varieté no 50 Certamen Nacional de Acordeón; 1º premio na categoría Junior Varieté no IV Trofeo Ibérico de Acordeón, etc.) e asistido a cursos e clases maxistrais de intérpretes como Oleg Sharov, Anne Landa, Ángel Huidobro, Iñaki Alberdi, Aníbal Freire, Ángel Luis Castaño, Esteban Algora, Volodymyr Runchak ou Mika Väyrynen. 

Ademais do dúo Caamaño&Ameixeiras, o seu proxecto máis persoal, e de realizar colaboracións con outros músicos regularmente, forma parte do trío Quinta San Vitorio, xunto a Pedro Lamas e Sofía Portugal, e da Europejska Orkiestra, dirixida por Roberto Somoza. 


Dende os 5 anos, Antía Ameixeiras, namorada da cultura de raíz, asiste a aulas de baile e pandeireta en Baio (Costa da Morte), a súa vila de nacemento. No 2010 gradúase como violinista no Conservatorio de Carballo, e máis tarde, xa en Compostela, onde estuda Comunicación Audiovisual, cambia o violín clásico polo tradicional ao seu paso pol’aCentral Folque. Fórmase con mestres como Gutier Álvarez, Quim Farinha, Sofia Hogstadious, Michalis Kouloumis ou Kate Young, á que coñece durante a súa residencia en Praga, onde entra contacto con outras músicas europeas. Realiza ademais varias estadías musicais en Bulgaria aprendendo músicas populares, e no 2017 comeza a estudar música moderna, primeiro na Escola Estudio, logo no Stage d’impro da escola Mydriase en Francia, e máis tarde no Taller de Músics en Barcelona. 


No 2015 recibe a Beca de Excelencia Artística Afundación, que a leva de xira polos Estados Unidos con Carlos Núñez, co que continúa colaborando. Ten participado en proxectos como o filme La jota, de Carlos Saura, dentro da banda de Carlos Núñez, e tamén nos discos Tentemozo, de Os Cempés, e Galiza, de Kepa Junkera. No 2016 incorpórase como violinista da histórica agrupación Luar na Lubre, coa que grava dous traballos discográficos (XXX Aniversario de Luar na Lubre e Ribeira Sacra) e comeza a xirar nacional e internacionalmente (Francia, Bélxica, Reino Unido, Chile, EEUU, Arxentina, Uruguay ou México). No 2019 grava o primeiro álbum co trío de músicas do mundo Oîma, formación recoñecida con numerosos premios. Antía Ameixeiras ten compartido escenario con músicos da talla de Gustavo Santaolalla, Jordi Savall e Hespèrion XXI, Dan Ar Braz,  Ceumar o Uxía Senlle.



Radio BULEBULE

Proxecto premiado na categoría de MÚSICA INFANTIL


“Radio BULEBULE” é o último traballo de Paco Nogueiras logo de “Brinca vai!” que, trala súa publicación como libro-cd-dvd deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia. O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-disco.

Os temas dispóñense ao xeito da grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada,axenda cultural, magazine de variedades,tendencias, ciencia, natureza, música, faladoiro, noticias,información deportiva e previsión meteorolóxica. Inspirado nas ondas herztianas, entre as cancións tamén están presentes as transicións,os indicativos, os sinais horarios e outros elementos sonoros propios deste versátil medio xornalístico.

Radio BULEBULE é tamén un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Radio Bulebule” editado por Kalandraka

Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante,

transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos. A emisora que

máis nos gusta. Porque dentro dela soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música.

Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e

cancións. Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. A mellor guía para

descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal. Non perdas a fantástica

oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas.

Bafana Bafana

Proxecto premiado na categoría de ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA


BAFANA BAFANA

Mientras todo el país celebraba la victoria del combinado nacional en el mundial de fútbol sudafricano, Juanjo Treus estaba atareado reclutando a cuatro músicos cuestionablemente competentes, aunque simpáticos y bien parecidos, para acompañarle en el libre desarrollo de su faceta como crooner.

Esta pintoresca formación no tarda demasiado en dejarse ver por diversos clubes de jazz y músicas cultas, derivando su inicial propuesta y componentes a lo largo de los años hasta lo que a día de hoy conocemos como Bafana Bafana: un grupo fresco, desenfadado, ecléctico, juvenil, que revisa sin pudor las canciones en castellano más horteras y bailables, interactuando animadamente con su apasionado público, que acaba siendo el sexto componente del conjunto.

En su repertorio tienen cabida artistas tan variopintos como Raphael, Mecano, Camilo Sesto, Shakira o Nek

Rigor, virtuosismo y respeto a la tradición de la música ligera son los pilares sobre los que se asienta esta auténtica apisonadora musical.

Sus componentes son de sobra conocidos de la escena jazzística gallega (y demás músicas)


Juanjo Treus: voz

Diego Alonso: saxo tenor

Iago Marta: guitarra

R. Palomo Alonso: bajo eléctrico

Héctor Agulla: batería

Brais Morán

Proxecto premiado na categoría de BLUES / FUNK / SOUL


Brais Morán, recoñecido como a voz e guitarra da súa anterior banda Loretta Martin, preséntase nos escenarios do 2021 tanto en solitario como en formato cuarteto, mostrando os seus recentes videoclips “ Disque ao Soul” e “As cores do Mato”, que definen o seu estilo como músico diverso e compositor de creación propia.

Despois do lanzamento dos seus anteriores discos en solitario "Cruzando o eclipse" (2015) e "No Mato do desespero"(2018) seguirá ofrecéndonos no directo o camiño das súas cancións máis disco-funk ,cos seus ritmos afrobrasileiros característicos e os toques máis cálidos da música tradicional galega que completan o seu repertorio.

Vai acompañado da súa banda habitual con:

*Fran Sanz, no baixo, *Marcos Pazo, na batería *Manu Seoane, nas guitarras.

Brais Morán foi gañador da V edición dos Premios Martín Códax da Música na Categoría de Músicas do Mundo (2018) e nomeado finalista nas categorías de Rock (2017) e Blues Funk e Soul (2020)

Coro da Ra

Proxecto premiado na categoría de COROS E GRUPOS VOCAIS


O Coro da Ra foi fundado no ano 1993 polo que é o seu director desde entón, Ramón Bermejo. O seu repertorio está baseado na música moderna e vai dende o soul, o blues, o jazz, o rock, ou o pop, ata a música brasileira, étnica e cuántica. O Coro da Ra caracterízase polas súas intervención de rúa: os “concertos comando”.

MOON CRESTA

Proxecto premiado na categoría de ROCK


MOON CRESTA é o resultado de sumar o esforzo, destreza, creatividade e entrega de catro músicos baixo o emblema de “Power & Funk”.


Os piares de MOON CRESTA son Manu “Doble L” á guitarra, Manu Ares como baterista, David “Mr. D.” Vázquez á voz e teclados, e Antón F. “Piru” no baixo. A sinerxia existente entre eles é o argumento máis poderoso dos seus concertos nos que defenderán as cancións do seu máis recente álbum “Civil Fuzz Brigade” (CD, LP, The Fish Factory - 2019) á vez que percorren o mellor dos seus anteriores traballos: “eROCKtile dysFUNKtion SOULutions” (CD+DVD, PAI edicións – 2006), “The Sparkling RadioStars & Their Lunatic Orcresta” (CD, Autoeditado, Leena & Teena Records – 2010), “Moonary” (CD - LP, Rock Estatal - 2016).

 

MOON CRESTA ten acadado un recoñecemento e respaldo mediático avalado polas súas aparicións en espazos radiofónicos como "Los conciertos de Radio 3", "180 grados", "Hoy empieza todo", “Turbo 3” de Radio 3; o reivindicativo “Carne Cruda” de Javier Gallego; así como unha importante difusión en Rock FM ("Rock FM Motel" de Rodrigo Contreras), Mariskal Rock ("Rock Star" de Mariano Muniesa), Cadena 100, Cadena Ser, Radio Televisión Galega ("Estudio 3" de Ricardo Alonso...). A prensa escrita tamén dedica á banda columnas de gabanzas que poden lerse en publicacións de referencia obrigada (Ruta 66, Rock Estatal, Rock Total…).


Sen embargo, a verdadeira esencia de MOON CRESTA só ten senso sobre as táboas. O escenario é o seu hábitat, e nel viven, medran e desenvólvense sendo aí onde debes desfrutar deles.

Isto só é parte do treito camiñado. O mellor é o que queda por percorrer. Durante a viaxe únicamente prometeremos que haberá: baile, súor e xúbilo. 

The Skarnivals

Proxecto premiado na categoría de REGGAE / SKA / MESTIZAXE


The Skarnivals é unha banda ska / punk / folk galega nada en 2009 baixo o nome de Skakeo. Uns directos cargados de enerxía xunto cun estilo persoal e reivindicativo serviron á banda para iniciar o seu camiño dándolles o impulso necesario para comezar a editar os seus primeiros traballos. En decembro de 2010 a banda presenta Skakeo. Un Ep formado por 5 temas entre os que se atopa "Historias do mar". Ademais, ese mesmo ano, esta maqueta condúcelles a formar parte do recopilatorio internacional Echte Übersee Records editado en Alemaña entre máis de 40 bandas do panorama ska, punk, reggae e cumbia do momento. En outubro de 2012 a banda lanza o seu primeiro LP Torsion Mundial. Un disco composto por 10 temas, repleto de forza e que fusiona diversos estilos levándoos a dar o salto a diferentes puntos da península. En 2016, a banda volve aos escenarios coas pilas cargadas presentando Movimiento Irracional. Un novo traballo que serve como consolidación do proxecto e das novas incorporacións nas filas da banda. Unha chamada á tolemia tanto no temático como no musical. Un disco directo, versátil e moi definitorio da traxectoria da banda no seu sexto ano de vida.

Tras unha longa etapa de concertos por toda a xeografía galega e parte do Estado, a banda atópase actualmente inmersa na composición do seu próximo traballo que verá a luz en 2021.

Wöyza

Proxecto premiado na categoría de HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS


A piques de cumprir 20 anos no panorama, Wöyza segue sendo a artista independente mais recoñecida do noso pais e unha das primeiras referencias femininas da música urbana en lingua hispana e galego.

Este verán lanzou dous novos sinxelos: "Ya no estás" coa colaboración do guitarrista Antonio Casado e "Cómo Sería" no que colabora o afamado rapeiro Nach, con 400mil visualizacións en Youtube e cerca das 200mil en Spotify.

Agora, Wöyza prepara a saída do seu novo disco, cargado de novos ritmos e letras inspiradas nas emocións máis profundas e os valores instintivos do ser humano, mentres lidera a banda W&The Galician Messengers , un proxecto único de fusión e investigación sobre a música tradicional galega, gospel, soul e hiphop.






N. E. O

Proxecto premiado na categoría de METAL


Traspasado un punto de non retorno nun buraco negro xa non é posible a volta atrás. “Punto de no retorno” é tamén o título do segundo traballo de N.E.O, o grupo de hard rock galego formado por Alberto Cereijo, Tino Mojón, Pedro Regueira e Diego P. Castro, que, do mesmo xeito que un buraco negro, tamén nos atrae e arrástranos irremediablemente ao seu terreo.


A demoledora guitarra de Alberto vese perfectamente arroupada por unha base rítmica contundente, na que Tino e Diego soan como unha soa persoa; e sobre esa base deslízase a voz de Pedro, realzando unhas letras comprometidas con melodías que se cravan na cabeza desde a primeira escoita.


“Punto de no retorno” é máis que unha evolución desde o seu anterior “Objeto cercano a la Tierra”. Seguen sendo reconocibles as súas influencias do hard rock máis clásico, pero nesta ocasión aparecen tamén momentos próximos ao rock progresivo. É entón cando o virtuosismo dos seus compoñentes ponse ao servizo das cancións e aparecen amálgamas e brillantes seccións instrumentais que elevan os temas a outra dimensión sen perder un chisco de enerxía.


As letras continúan falando de temas universais e á vez de completa actualidade, como demostran os dous adiantos que escoitamos ata o de agora, “Demasiado tarde” e “Norte”, que tratan do auxe da ultradereita e do desprezo ás minorías, e do drama da inmigración que morre no Mediterráneo.


O disco, gravado entre os estudos Planta sónica 2 e Pouland, e baixo a produción de Alberto Cereijo, consegue un son fiel ao dos seus irresistibles directos, demostrando que son unha das bandas máis sólidas e solventes do panorama nacional.


Todos estes elementos fan deste traballo un “punto de non retorno” do que non se poderá escapar en canto escóitense os primeiros compases, un disco de cancións que, como di unha das súas letras, quedarán flotando no aire, no fondo da memoria.

Lamas / De Miguel / Romero

Proxecto premiado na categoría de MÚSICAS DO MUNDO


AZOUGUE 

PEDRO LAMAS / JACOBO DE MIGUEL / XOSÉ LOIS ROMERO

 

A música tradicional máis libre” (20/12/2017 – La Opinión de A Coruña)

 “Azougue se incorpora a la vanguardia de la música instrumental gallega con capacidades artísticas suficientes para ir, aún, más allá” (22/12/2017 – Nonito Pereira)

“Un dos álbumes máis fermosos do país na actualidade” (09/02/2018 – Notas de Jazz, Radio Galega)

 

Azougue’ é o primeiro traballo discográfico de Pedro Lamas, Jacobo de Miguel e Xosé Lois Romero, un proxecto no que conflúen as traxectorias persoais destes recoñecidos artistas para conformar unha nova identidade que leva o selo de autor.

Lamas e De Miguel veñen colaborando xuntos desde hai máis dunha década pero é neste momento cando dan o paso e afrontan o seu primeiro rexistro, unha gravación ao vivo para a que contan coa colaboración de Romero nas percusións. O traballo recolle dez composicións de Lamas e De Miguel que xorden da súa colaboración ao longo destes anos e que toman como punto de partida a música tradicional. Neste traballo Lamas interpreta os saxos soprano e barítono, a gaita, a dulzaina, a accordina, as percusións, e De Miguel o piano. O resultado é unha música que degustar pausado, dez cortes nos que o tempo se detén e nos convida a atopar o noso propio espazo nuns tempos vertixinosos.

Ter o azougue no corpo” ou “estar azougado” son expresións populares que denotan estar inquedo, non ter acougo. O azougue (mercurio en galego) confire ao vidro a facultade de reflectir a realidade que recibe, pois o espello non é senon un vidro azougado. Do mesmo xeito Lamas e De Miguel, coa colaboración de Romero, reciben a realidade da música tradicional, pero a reflicten cun espello libre que non se cingue á literalidade do obxecto reflectido.

‘Azougue’ foi gravado ao vivo no Museo de Belas Artes da Coruña os días 5, 6 e 7 de setembro de 2017 e contou coa colaboración de Xurxo Souto para o tema “A vizosa, pracibre Cecebre”, música sobre o texto de Eduardo Pondal no centenario do seu pasamento.

 

Pedro Lamas é un músico e compositor galego que compaxina a súa faceta de mestre e divulgador da música tradicional coa de intérprete e arranxista para diversos grupos como a Nova Galega de Danza, Kepa Junkera, Radio Cos, Xabier Díaz, Guadi Galego e moitos outros. Posúe un dos curriculums máis laureados de Galicia con máis de 50 premios no seu haber. Fundador xunto a Roberto Somoza da Orquestra de Jazz de Galicia, en 2015 publican ‘Fame’. Este traballo acada o Premio Martín Códax ao Mellor Proxecto de Jazz e Músicas Improvisadas no 2016.


Jacobo de Miguel é un pianista e compositor asturiano. Os seus primeiros estudos prodúcense no eido da música clásica, co tempo vaise interesando cada vez máis pola improvisación nas músicas de orixe popular e no Jazz. Na actualidade está centrado e desenvolver, tanto na composición como na interpretación, unha linguaxe propia na que todas as súas vivenzas musicais aparezan fundidas nun único discurso. Ten tocado ou gravado entre outros con: Jorge Pardo, Carlos Barretto, Perico Sambeat, Masa Kamaguchi, Raynald Colom...


Xosé Lois Romero é un recoñecido acordeonista, percusionista e compositor formado na música tradicional. Vencellado a diferentes proxectos como a Nova Galega de Danza, aCadaCanto ou Vaamonde, Lamas e Romero, no 2008 realiza os arranxos e a dirección musical do espectáculo “Terra de soños”, que supón o retorno aos escenarios de Fuxan os Ventos. Na actualidade está a presentar ‘Aliboria’, un proxecto de xoves voces e percusionistas coa que veñen de gravar o seu primeiro traballo.

 

https://www.facebook.com/azouguelamasdemiguelromero/

Xurxo Fernandes & Pedro Lamas

Proxecto premiado na categoría de MÚSICA TRADICIONAL GALEGA


Xurxo Fernandes é un referente no eido da investigación e divulgación da música tradicional do país. O seu arquivo inédito de recollidas está composto por máis de mil horas de gravación recompiladas desde 1994 até hoxe. Diplomado en "La cultura tradicional en el S. XXI" pola Universitat Politécnica de Valencia en 2003, realiza o posgrao de "Especialización en Música Tradicional Galega" na Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela no curso 2004-2005. Realiza unha incesante labor como mestre divulgando o noso patrimonio oral en lugares tan dispares coma o Brasil, Alemaña, Venezuela, Bélxica, Borneo ou Tordoia.

Participa como cantante nos proxectos discográficos: "Nova Era" (Ialma), "Onde nace o vento" (Pepe Vaamonde Grupo) e "Galiza" (Kepa Junkera). Fundador de Radio Cos xunto a Henrique Peón, acada o recoñecemento internacional co seu primeiro traballo discográfico, recomendado na revista FRoots e entrando de número vinte na World Music Charts Europe. Con "Pasatempo" son escollidos para representar á Galiza no WOMEX 2016.

Dirixe os grupos de canto e pandeireta "Os Fillos de Pepa a Loba" e "PAN.SEN.FRON.".



Pedro Lamas é gaiteiro e saxofonista, membro fundador de grupos de referencia como ‘Lelia Doura’ (1995-2000), ‘Luvas Verdes’ (2001-2010) ou a ‘Nova Galega de Danza’ (2003-2013), para a que compón e dirixe os espectáculos “Tradicción” (2008) e “Dez” (2013). No ano 2011 obtén a titulación na especialidade de Jazz polo Conservatorio Superior de Música da Coruña e finaliza os estudos de Máster de Profesorado na especialidade de Música pola Universidade Internacional da Rioja en 2013.

Foi compositor e director dos espectáculos “Alendacroa” (2011) e “O poder do arcabuz” (2015) para a compañía de danza ‘Quique Peón Cía.’ coa que acada o 2º premio no “XXI Certame de Danza Española y Flamenco” pola obra “Amizade” (2012). Neste mesmo ano desplázase a Madrid como parte integrante do musical ‘Galicia Caníbal’, baixo a dirección artística de Quico Cadaval e Pablo Novoa (ex-Golpes Bajos).

Amais de colaborar asiduamente con artistas de recoñecido prestixio como Kepa Junkera, Xabier Díaz, Sés, Susana Seivane, Xosé Manuel Budiño ou Nastasia Zürcher, forma parte de proxectos tan diversos como ‘Vaamonde, Lamas e Romero’ (2007-2018), ‘Roberto Somoza Jazz Orchestra’ (2010), ‘Radio Cos’ (2010-2018), ‘Garufa Blue Devils Big Band’ (2014-2019) ou ‘Azougue’ (2015-2019) xunto a Jacobo de Miguel e Xosé Lois Romero. 

É fundador da ‘Orquestra de Jazz de Galicia' xunto a Roberto Somoza.


No ano 2020 publican o seu primeiro traballo discográfico baixo o título de "Altalaplana".

O Recanto do Corcovado

Proxecto premiado na categoría de WEB


Logo de 21 tempadas en antena, o Recanto do Corcovado segue a se postular como un programa de orientación plural. Malia que esteamos consagrados ao folk e ás músicas tradicionais de todo o mundo, amosamos tamén un compromiso claro co jazz, coas novas sensibilidades contemporáneas e coa canción de autor: facemos da calidade musical o noso único e indiscutible criterio. No pasado ano, tivemos o enorme privilexio de ser escollidos como finalistas nos propios Premios Martín Códax dentro da categoría consagrada aos Medios de Comunicación.

Cómpre sinalar que a actualidade musical é quen define a nosa axenda, posto que apoiamos tanto a presentación de novidades discográficas coma a información sobre festivais, eventos e concertos. Ao longo da nosa historia temos entrevistado a unha importante cantidade de artistas (entre eles o Cuarteto Caramuxo, Berrogüetto, Lucía Martínez e Caxade, sen nos esquecer de Rodrigo Leão, La Chicana ou Omar Faruk Tekbilek), ademais de ter cuberto como prensa acreditada distintas citas peninsulares (Womad de CáceresImaxinaSons de Vigo, Festival de OrtigueiraFestival Sinsal) e internacionais (Festival de KaustinenJazzHappening de Tampere).

Nestes intres o programa postúlase ademais como unha ponte entre os países nórdicos e Galiza: alén do noso recoñecido compromiso coa músicas do país, as músicas de vangarda chegadas dende Finlandia adoitan ocupar un espazo clave na nosa programación. 

Nacido no ano 2001 a rebufo da creatividade radiofónica promovida pola desaparecida Radio Ecca Vigo, O Recanto do Corcovado emítse actualmente a través de Cuac FM (A Coruña), da Radio Municipal de Redondela, Radio Crónica Folk Musical (Mérida) e, dende a tempada 2021-2022, tamén na emisora olívica RKV Radio. Todos os programas, unha vez son emitidos, son postos á disposición da nosa audiencia en formato podcast na plataforma Ivoox.

O Recanto do Corcovado conecta en forma e contido, ademais, co noso proxecto paralelo Peninsulares, que funciona como unha prolongación natural do mesmo. O programa emítese dende Finlandia a través das cadeas Radio Moreeni (Tampere) e Lähiradio (Helsinki) dende hai xa seis anos, e céntrase fundamentalmente nas músicas feitas tanto no noso Estado coma en Portugal, dándolle ampla cobertura ao que está a acontecer en Galiza.

MJ Pérez

Proxecto premiado na categoría de CANCIÓN DE AUTOR/A


Ola!

Son MJ Pérez e levo dende 2014 escribindo, compoñendo e cantando os meus propios temas. Veño de sacar o meu cuarto álbum "A Luz Prendida" que sigo presentando contra vento, marea e pandemia.

Iniciei este camiño coa inquietude e as ganas de compartir co mundo diversas historias a través da miña guitarra e da miña voz, e sen decatarme, levo máis de 170 concertos por diferentes vilas galegas e portuguesas.


Comecei dende a auto-produción e sumo xa 4 discos gravados. O último que estou presentando, A Luz Prendida, é o meu segundo disco de estudio e conta coa colaboración especial de músicas como Ailén Kendelman, Laura Romero, Richi Casás, Maria Prado, Paula López, Iván Bernardez, Antonio Facal, Sofía Espiñeira, Alberto Rama...


Fun finalista do I Certame de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo. Finalicei o 2016 cun segundo posto no VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña. Rematei 2017 cun primeiro posto no Xuventude Crea 2017. Os dous últimos anos fun finalista dos Premios Martín Códax da Música nesta mesma categoría.


E todo isto que acabo de contar realmente pouco máis ten. O caso é que eu cantei, canto e seguirei cantando para contar aquilo quero, para compartir cada un dos mundos que vou creando en cada disco. Para deixar a luz prendida para quen se queira achegar.


"Se miras máis alá de ti

podes ver que hai horizonte,

que todo vai máis ala de nós,

que hai luz ao lonxe."

 

 

 

Alberto Vilas

Proxecto premiado na categoría de MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA


Naialma é o primeiro traballo en solitario de Alberto Vilas, o máis íntimo e persoal, con temas que foi atesourando ao longo do tempo, e que saen de dentro, como do ventre dunha nai. De ahí o título, xogo de palabras que remite ás denominaciónns galegas de nai e alma ou " Na ialma",


"Naialma" é unha obra orixinal dificilmente clasificable e moi fresca no mundo da literatura pianística. Abrangue todas as influencias que Alberto Vilas recolleu ao longo da súa vida e dá lugar a un estilo novo e persoal como acontece noutras obras do pianista.

 

Este proxecto musical foi concebido para mostrarse en espazos onde o silenzo natural enmarque a obra. Espazos naturais e outros lugares únicos pola súa particularidade, carballeiras, atrios, monasterios, auditorios ou prazas singulares lonxe do ruído, lugares escollidos pola súa intimidade, como a música de Alberto, grabada por el mesmo, no seu estudio, co seu Yamaha-C7, na súa casa e sin cortes, cada peza dunha sola vez. Asi o quixo.

Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información